Conceptos Fundamentais de Lingua e Literatura Galega

Mitoloxía

Un mito é un relato que se refire a deuses ou seres superiores. Os protagonistas son deuses ou heroes que levan a cabo accións fabulosas ou tamén os seres semidivinos ou inferiores.

A mitoloxía designa un conxunto de mitos que un pobo creou; é tamén o estudo dos mitos.

A mitoloxía galega é o conxunto de crenzas populares procedentes dos distintos pobos e culturas.

Na nosa literatura popular existen vestixios dunha mitoloxía precristiá, crenzas vellas que foron transmitidas de xeración en xeración. Vicente Risco agrupábaas en: restos de cultos pagáns e seres míticos.

Restos de cultos pagáns

  • Montes e penedos (o seu valor máxico vén da súa permanencia no tempo).
  • As augas (convértense en seres vivos poderosos).
  • O lume (é un ser vivo que ten poder protector).
  • Os astros (a Lúa relacionada coa muller, coa terra e coa auga; o Sol coa masculinidade, de aí o nome Lourenzo).
  • Animais (a serpe e o lobo asócianse co mal).

Seres míticos

  • Os mouros (atribúeselles a construción de castelos e castros, viven de noite).
  • As donas, doncelas ou mouras (aparecen nos ríos e fontes peiteando os seus cabelos loiros).
  • O trasno (un diaño inofensivo e burlón que gasta bromas).
  • Os nubeiros (causan os fenómenos meteorolóxicos).

Mito cosmogónico

O mito cosmogónico é o que tenta explicar simbolicamente a creación do mundo, as orixes do universo e do home.

Lingüística

Unidades da lingua

  • O fonema (é a unidade máis pequena da lingua, non ten significado. Permite diferenciar palabras e pódense pronunciar, ten realización fonética. Ex.: /P/).
  • O monema (é a unidade lingüística superior ao fonema e ten significado. Podemos diferenciar:
    • O lexema (contén o significado léxico. Ex.: art-ista).
    • O morfema (contén o significado gramatical. Ex.: art-ista).
  • A palabra (é a unidade lingüística formada por:
    • Un monema (Ex.: so, chocolate -lexemas-; en, por -morfemas-).
    • Varios monemas (Ex.: cantante -lexema + morfema-).
  • A frase (é unha unidade lingüística con sentido que cumpre unha determinada función).
  • A oración (é a unidade lingüística con sentido completo. Características:
    • Autosuficiencia semántica (posuír sentido completo).
    • Autosuficiencia sintáctica (non desempeñar ningunha función dentro doutra oración).
    • Entoación propia (estar separada entre dúas pausas que se representan con signos de puntuación).
    A oración consta dun suxeito e predicado ou verbo.
  • O enunciado (é unha unidade lingüística capaz de expresar unha mensaxe completa nun contexto determinado. Ten sentido completo, é independente e ten entoación propia).
  • O texto (é a unidade máis ampla e está constituída de xeito inmediato por unha ou varias oracións).

Propiedades do Texto

A adecuación

Consiste na elección da variedade lingüística axeitada ás situacións comunicativas. Non escribimos igual unha mensaxe de móbil que unha carta para as nosas amizades. Debemos aprender a seleccionar o rexistro adecuado en cada situación comunicativa. Dous tipos de rexistro:

  • Rexistro informal (utilizado na vida cotiá con amizades e persoas de confianza).
  • Rexistro formal (empregado nas conferencias, telexornais… é o que debemos usar nos traballos).

Características dos rexistros

  • Rexistro Formal:
    • Información seleccionada e organizada.
    • Corrección morfosintáctica.
    • Tecido sintáctico ben construído con oracións.
    • Riqueza léxica con sinónimos.
    • Léxico preciso.
    • Ton impersoal e distante, tratamento de vostede.
  • Rexistro Informal:
    • Adoita repetirse información.
    • Problemas de concordancia e oracións sen rematar.
    • Abuso das coordinadas con ‘e’.
    • Léxico repetitivo.
    • Utilización de palabras ‘comodín’, frases feitas…
    • Ton próximo aos interlocutores, tratamento de ti, diminutivos, interrogacións…

A coherencia

É a selección e organización da información que debe ter sentido, e para ser coherente debe cumprir:

  • Ten que tratar do mesmo tema.
  • Ser completa e suficiente.
  • Non pode ser redundante, non podemos repetir.
  • Non pode ser contraditoria.
  • Organizada de xeito lóxico agrupando ideas en parágrafos.
  • Debe ser clara de xeito comprensible.

Debemos empregar un léxico preciso, evitando palabras que non acheguen información. Hai que corrixir:

  • Circunloquios (uso de varias palabras para expresar unha idea que se podería dicir cunha soa).
  • Sinónimos consecutivos (dan a sensación de que posuímos coñecementos ao encadear termos co mesmo significado).
  • Redundancias (emprego innecesario de palabras para completar outra. Ex.: Subir arriba).

A cohesión

É a propiedade mediante a cal se relacionan os diversos elementos que ten un texto. Mecanismos de cohesión:

  • A cohesión léxica:
    • Repetición das mesmas palabras.
    • Sinonimia e antonimia.
    • Substitución pronominal e adverbial.
    • Elipse: supresión dalgún elemento.
  • A cohesión gramatical (elementos que marcan as relacións entre enunciados, oracións e parágrafos. Os principais son os conectores e a puntuación).

A gramaticalidade

Consiste en escribir un texto cos signos de puntuación, boa gramática, etc.

Puntuación

O punto

É o signo que se encarga de pechar unidades sintácticas con sentido completo. Tres clases:

  • Punto e seguido (delimita oracións relacionadas semanticamente).
  • Punto e á parte (separa parágrafos de distintos temas).
  • Punto final (colócase ao rematar o texto).

Tamén se usa o punto:

  • Despois das abreviaturas.
  • Nas indicacións horarias, que tamén se poden pór os dous puntos.
  • Nas cantidades de máis de 4 cifras.

Non se usa o punto:

  • Nos símbolos do SI.
  • Nas cifras que indican anos.
  • Nas cantidades formadas por 4 cifras.
  • Na enumeración de páxinas.
  • Ao final dun título ou pés de foto.
  • Despois dos signos de interrogación, exclamación, coma, punto e coma, puntos suspensivos nin das abreviaturas.

A coma

É moi importante o seu emprego, dado que podemos variar o seu significado na oración. Sepáranse con comas:

  • Os vocativos. Ex.: Sabela, mira para aquí.
  • Expresións colocadas ao principio. Ex.: Para comezar, …
  • Os elementos dunha enumeración.
  • As oracións subordinadas. Ex.: Chovía a mares, pero non chegou con paraugas.
  • Onde o verbo está omitido. Ex.: Comprou as xoubas a 5 euros e os xurelos, a 6.
  • O lugar e data en cartas ou documentos. Ex.: Loureza, 15 de outubro de 2013.

Escríbense entre comas:

  • As aclaracións. Ex.: Pasadomañá, venres, …
  • Expresións explicativas como por exemplo, ou sexa, é dicir…
  • Os vocativos cando están no medio da oración.
  • Os adverbios e locucións adverbiais cun valor de incisos. Ex.: Estabamos na reunión e, de súpeto, …

Non se usa a coma:

  • Nas enumeracións con conxuncións ‘e’, ‘nin’, ‘ou’… (se se repiten, poden usarse).
  • Antes da abreviatura ‘etc.’ nas enumeracións.

O punto e coma

Marca unha pausa maior ca da coma e menor ca do punto. Emprégase en:

  • Para separar series de elementos que xa teñen comas. Ex.: Para xantar comemos sopa, carne ao caldeiro e queixo; na cea, perixe e froita.
  • En oracións consecutivas e causais.

Os dous puntos

Úsanse en:

  • Antes das enumeracións.
  • Antes das citas textuais.
  • Despois dos saúdos das cartas.
  • Antes dunha oración que explica ou confirma o que se dixo antes.
  • Nas indicacións horarias para separar horas dos minutos.
  • Despois de expresións do tipo por exemplo, en resumo… (aínda que tamén se adoita usar a coma).

Os puntos suspensivos

Indican un corte no discurso, é unha suspensión intencionada do sentido da oración. Úsanse para:

  • Deixar inacabado un texto.
  • Indicar a continuación dunha enumeración.
  • Cortar unha palabra malsoante.
  • Indicar diversos estados de ánimo como dúbida, medo ou sorpresa.
  • Nunha cita textual, colocados entre corchetes, indican a supresión dun fragmento.

As comiñas

Empréganse para destacar unha palabra ou expresión dentro dun texto ou para diferenciar citas textuais. Úsanse para:

  • Citar as palabras doutra persoa.
  • Introducir alcumes.
  • Destacar os titulares de noticias, de obras ou traballos.

Parénteses e corchetes

Utilízanse para intercalar aclaracións complementarias nun texto. Úsanse para:

  • Delimitar incisos. Ex.: O meu alumnado (maioritariamente de ámbito rural)…
  • Para enmarcar as datas ou lugares.
  • Para desenvolver unha sigla ou abreviatura.

O trazo

Utilízase para:

  • Intercalar explicacións ou aclaracións nun texto.
  • Marcar cada unha das intervencións dos personaxes nun diálogo.
  • Para expoñer unha enumeración.

Signos de interrogación (?) e exclamación (!)

Úsanse para pechar as preguntas e as exclamacións.

  • Escríbense sempre pegados ás palabras.
  • Poden aparecer os dous combinados (!?).
  • Despois deles nunca se escribe punto.
  • Se despois deles hai comiñas, ponse punto.
  • Despois destes signos escríbese maiúscula.

Literatura

Orixe e significado

Orixe: LITERA, que se refire á arte de ler e escribir ben. Ata o século XVIII significaba toda obra escrita, pero a partir de aí o significado é a forma de comunicación lingüística escrita ou oral, e busca a beleza.

A linguaxe literaria

É unha serie de figuras e recursos estilísticos; estes converten a linguaxe en connotativa, que pasa a ter novo significado. Os recursos literarios poden ser fónicos, morfosintácticos ou gramaticais ou léxico-semánticos; isto afectan aos sons, á forma, á relación ou ao significado das palabras.

Recursos literarios

Recursos fónicos

Son os que afectan aos sons das palabras; destacamos os seguintes:

  • Aliteración (é a repetición de sons semellantes en palabras para conseguir un efecto sonoro).
  • Onomatopea (consiste na imitación de sons e ruídos; conséguese mediante a repetición de sons).

Recursos gramaticais

Son os que xogan con alterar a orde das palabras na oración, co fin de que chame a atención. Destacan:

  • Hipérbato (consiste na alteración da orde lóxica das palabras na oración).
  • Anáfora (repetición dunha palabra ou dun grupo delas ao inicio de varios versos dun poema).
  • Paralelismo (repetición de estruturas con variacións).

Recursos semánticos

Son os que inciden sobre o significado dos vocábulos. Destacan:

  • Antítese (consiste na oposición de elementos contrarios).
  • Hipérbole (é unha esaxeración desmesurada).
  • Metáfora (identificación entre dous elementos, un real e outro imaxinario).
  • Metonimia (consiste en nomear cousas co nome doutras coas que se relacionan. A sinécdoque é un tipo de metonimia que consiste en designar o todo co nome das partes).
  • Personificación (atribución de calidades propias dos seres humanos a seres animados ou inanimados).
  • Símil (comparación que explica dúas realidades).

Os xéneros literarios

Son obras literarias que se agrupan segundo os trazos temáticos e formais que posúen en tres grupos:

  1. A Poesía (é o conxunto de obras en que o autor expresa os seus sentimentos; caracterízase pola voz poética, ten ritmo e musicalidade. Hai diferentes formas:
    • Cantiga (composición destinada ao campo).
    • Égloga (diálogo entre pastores).
    • Elexía (poema que laia a morte de alguén).
    • Epigrama (poema breve de carácter festivo ou satírico).
    • Himno (composición patriótica de ton solemne).
    • Oda (poema longo feito en linguaxe elevada).
  2. A Narrativa (comprende as obras en prosa en que un narrador conta os feitos inventados ou reais, na historia e no discurso, dun xeito determinado, protagonizados por personaxes, nun espazo e tempo concreto. Os principais:
    • O conto (é de extensión curta, con poucos personaxes, con espazo e tempo concreto e acción simple).
    • A novela (é de extensión longa, os personaxes son máis numerosos e posúen maior complexidade, presenta unha estrutura complexa).
  3. O Teatro (é o conxunto das obras feitas para ser representadas por uns actores nun escenario diante do público. Os diálogos poden ser en prosa ou en verso. Distínguense tres tipos:
    • Traxedia (protagonizada por personaxes nobres que son presa de fortes paixóns e ten un remate catastrófico).
    • Comedia (os personaxes son figuras cotiás que desenvolven accións con festas ou con humor; procura o riso do espectador).
    • Drama (feito por personaxes comúns que teñen algún problema que superar, mestúrase o serio co cómico, o final adoita ser aberto).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *