Literatura Galega do Exilio e Teatro (1936-1976)

A Literatura do Exilio (1936-1939)

A Guerra Civil, desenvolvida entre 1936 e 1939, supuxo o triunfo da sublevación fascista e o comezo da ditadura, así como a eliminación de dereitos fundamentais e o inicio dun período de crise e recesión económica. O nacionalismo foi aniquilado e moitos autores asasinados; outros optaron por apoiar o réxime. Moitos autores tiveron que marchar ó exilio e outros quedaron silenciados.

Cos que quedaron, houbo resistencia cultural (Galaxia) e resistencia política.

Os que foron ó exilio trasladaron toda a súa actividade aos centros galegos de Bos Aires, Montevideo… Fixeron diferentes actividades como a creación de editoriais, constitución de grupos músico-corais, xornais… Caracterizan a literatura galega do exilio o compromiso galeguista e republicano, a temática cívico-social e a forte dose de autobiografía.

Poesía do Exilio

Caracterízase pola denuncia social, patriotismo galego, evasión ante a ditadura e reflexión do exiliado/emigrante. Algúns autores destacados son:

  • Luis Seoane: «Fardel de eisiliado» combina a denuncia e a reivindicación da historia de Galicia, xunto con vivencias propias e colectivas.
  • Lorenzo Varela: «Catro poemas para catro gravados»: saudade, Guerra Civil, louvanza de figuras míticas de Galicia (bispo Adaúlfo).
  • Emilio Pita: «Jacobusland».
  • Blanco Amor: «Cancioneiro»: poemas de exaltación nacionalista, amorosos, de raíz folclórica…

Teatro no Exilio

Hai teatro popular (apela ó corazón e ao sentimento, con pezas rurais, costumistas e con humor, ademais de elementos de crítica social) e teatro culto (apela á razón, incorporación de elementos dramáticos propios das correntes máis modernas e vanguardistas).

  • Luis Seoane: «A soldadeira»: Minia guía os labregos do 36 polo mundo medieval, mentres realiza o seu traballo de mensaxeira entre os gremios artesanais de Compostela e as forzas labregas de Roi Xordo.
  • Blanco Amor: Teatro popular galego:
    • «Os vellos non deben de namorarse»: combina tradición e modernidade e ten simetría estrutural. A temática principal é o amor e a morte. Utiliza o teatro da arte.
  • Varela Buxán: «A xustizadun muiñeiro» (pezas con costumes dos mariñeiros).

Narrativa (Literatura de Circunstancias)

Destacan autores como Ramón de Valenzuela, con «Non agardarei por ninguén»; Silvio Santiago, con «Vilardevós»; ou Antón Alonso Ríos, con «Memorias dun fuxido».

Ensaio

  • Castelao: «Sempre en Galiza»: reflexión sobre a política da época e nacionalismo.
  • Luis Seoane: artigos e estudos sobre a arte galega.

Teatro entre o 36 e o 76

1936-1952: Silencio

Tres obras orixinais en galego, había coros populares como Cantigas e Aturuxos, que representaban pezas costumistas, sainetes…

Galaxia (1950)

«O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca» de Álvaro Cunqueiro, participou na recuperación teatral. Tamén se formou o grupo teatral de Cantigas e Agarimos, que representan obras arriscadas como algunhas escritas por Castelao.

Anos 50

Tres liñas temáticas:

  • Vello teatro das Irmandades (Cabanillas)
  • Teatro vanguardista de preguerra (Otero: A lagarada).
  • Teatro da angustia existencial, paralelo á Escola da Tebra: Manuel María.

Xeración dos 50

Consideraban o teatro como un medio de concienciación nacional e normalización, tanto lingüística como literaria.

Álvaro Cunqueiro

  • «Romeo e Xulieta, famosos namorados», peza breve incluída en «As crónicas do Sochantre».
  • «O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca», linguaxe rica e revisión do mito de Hamlet, ampliándoo con elementos de Edipo e do Orestes grego. Reflexión sobre a propia identidade e a existencia. Tamén «A noite vai coma un río», peza lírica.
  • Ricardo Carballo Calero: «A farsa das zocas».

Teatro Galego no Último Terzo do Século XX

Entre algúns dos seus obxectivos atópanse achegar o teatro ao pobo, sentar as bases da dramaturxia galega, moderna e comprometida; influencias no teatro do absurdo…

Nacen agrupacións teatrais como o Teatro O Facho e a Agrupación Teatral Abrente, de Ribadavia, quen convocou a primeira mostra e o primeiro certame Abrente de Teatro Galego.

Ribadavia converteuse nun punto de encontro para as xentes do teatro.

Os principais autores son Manuel Lourenzo, Euloxio Ruibal, Vidal Bolaño, Taxes Prego e Agrelo Ermo. Estes profesionalizaron o teatro, fixeron un teatro actual, de calidade e comprometido, normalizaron a lingua teatral e exploraron novas fórmulas estéticas.

Manuel Lourenzo

O seu teatro divídese en dúas etapas:

  • O ciclo mítico greco-latino («Fedra», «Electra»). A través dos mitos ofrece unha lectura crítica da época e afonda na psicoloxía humana.
  • Ciclo do teatro mínimo, (teatro inmediato, entre o de circunstancias e o experimentalismo). Toma de postura ante un tema de actualidade (política de subvencións, xornalistas…) «Veladas indecentes».